lunes, 10 de noviembre de 2008

RONALD DAVIS (n. 18/06/56- f. 4/11/08)



Curiosa historia. Teño aquí un home que loitou durante a súa curta vida contra os malos hábitos: tabaco, sedentarismo, drogas, obesidade.
Licenciado en medicina en 1983 despois de estudar zooloxía e especializarse no sector público, adicou todos os seus esforzos a tratar de convencer ao mundo do pernicioso do tabaquismo, do alcoholismo, das graxas. Formou parte desde 1988 do Centro de Control e Prevención de Enfermidades e acadou a presidencia da Asociación Americana de Medicina (no seu descargo digamos que foi o que forzou a entrada dos médicos negros, ata aquela segregados, nesa asociación). As políticas de prevención, aquela guerra sisífica contra o suicidio lento e colectivo dos seus contemporáneos non era a súa profesión: era a súa vida. Soía dicir que a resistencia da xente aos seus consellos queimábao coma político e frustrábano como médico.
Se un o pensa ben, tiña razón: cómo pode un tipo medianamente intelixente fumar dous paquetes diarios, beber media ducia de viños, almorzar tres donus e coller o coche para ir traballar a cen metros da casa? Agora ben, terá que admitir que a súa morte, aos 52 anos, por un cáncer de páncreas, tampouco é que lle faga moita propaganda ao su xeito de vida. Moito me temo que vai a haber un certo repunte no consumo de tabaco no seu contorno. E é unha pena.

No hay comentarios: